Publicada o Martes 12 de Decembro de 2006 en Educación
A Concellaría de Educación quere facer público o inicio o programa educativo “Tempo para a convivencia”, organizado polos centros educativos, as ANPAS e o Concello de Mugardos.
Este programa consta de diferentes actividades de convivencia en común da comunidade educativa, como obras de teatro, actos puntuais conxuntos, obradoiros e Escola de Nais e Pais, e desenvolverase durante o curso 2006/07.
O programa iníciase o vindeiro venres día 15 de novembro coas seguintes actividades:
Continúa o martes 19 cun contacontos en inglés e galego a cargo de Tim Bowley e Charo Pita.
As representacións terán lugar no salón de actos do IES de Mugardos, ao cal se van desprazar todos os nenos e nenas dos demais centros educativos.