Concello de Mugardos

Actualidade /

Adxudícanse os saneamentos dos Corzás e o Camiño do Francés

Publicada o 13 de Decembro de 2006 en Servizos, Obras

A Concellaría de Obras comunica que na Xunta de Goberno Local celebrada hoxe aprobouse, entre outros asuntos, adxudicar á empresa CONCIFA, SL a reposición da rede de sumidoiros na Avenida dos Corzás e a construción do saneamento no Camiño do Francés, no lugar de Rilo.

Estas actuacións teñen un importe respectivo de 71.394,37 e 34.335,09 €. Nos Corzás os traballos, declarados de urxencia por mor dos estragos ocasionados polas chuvias —nun tramo está totalmente levantada a calzada—, consistirán na substitución completa da antiga rede de saneamento de formigón por outra máis resistente de polietileno. En Rilo levarase esta infraestrutura básica a quince vivendas que aínda carecían dela.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS