Concello de Mugardos

Actualidade /

Comezan as obras da auga de Franza

Publicada o 18 de Decembro de 2006 en Obras

A Concellaría de Obras comunica que hoxe luns 18 de decembro empezaron os traballos de construción da rede de abastecemento de auga á zona alta de Franza.

Esta actuación, incluída no Plano Operativo Local da Deputación da Coruña logo das xestións levadas a cabo polo goberno municipal, ten un orzamento de 274.986,54 €, e consistirá en ampliar o depósito xa existente en Franza, que actualmente só dá servizo á escola, para abastecer o tramo de maior cota, o comprendido entre a rotonda da vía rápida e A Gallada, máis dous ramais parciais (parte do Morteirado e parte de San Vitorio), o que supón arredor dun 40% das vivendas da parroquia.

Esta iniciativa responde a unha antiga demanda veciñal, e representa a maior ampliación da rede de auga de Mugardos dos últimos anos. Actualmente atópase en fase de contratación unha obra similar en San Xoán de Piñeiro.

A empresa adxudicataria é Gaux, SL, e o prazo de execución é de 5 meses.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS