Como o pasado ano, a Escola de nais e pais se desenvolverá no mes de abril. As temáticas das actividades parten da demanda das asociaicións de nais e pais e en consenso coas direccións dos centros. Deste xeito, e pendentes da confirmación de horarios e datas por parte das Asociacións de nais e pais preséntase a seguinte programación:
Xoves, 2 de abril: Plan director para a convivencia escolar: Riscos de Internet, impartido por un grupo especializado da Garda Civil.
Xoves, 16 de abril, Familia e prevención, impartido pola Asociación ADAFAD
Xoves, 23 de abril, Obradoiro educación afectivo-sexual para pais e nais, a cargo do Centro Quérote de Ferrol, dependente do Consorcio Galego de Benestar e Igualdade.
Xoves, 30 de abril: Alimentación saudable, impartido pola Dra. Beatriz Suárez Traba
Dende as 19.00h, Pincho da convivencia.
Esta actividades está enmarcada dentro do PREMUVI, e subvencionada pola Deputación Provincial de A Coruña, e colabora o Ministerio de Interior.
Programa de Prevención de Violencia de Mugardos Xestión de contidos
