• Coñeza os feitos: os pais e as nais somos responsables dos nosos fillos e fillas e somos os que debemos estar en alerta para evitar que poida darse unha situación de abuso. Unha terceira parte das vítimas son abusados/as por membros da súa familia e isto significa que o risco principal provén das persoas máis próximas. As persoas que abusan solen tratar de establecer unha relación de confianza cos pais e nais das vítimas e debemos ter en conta que calquera pode selo.

• Reduza os riscos: o abuso infantil ocorre cando un adulto está a solas co neno ou a nena. Debemos tratar de coñecer á persoa con quen se queda e intentar que poidan ser observados por outras persoas. Internet é unha gran porta de entrada para os abusadores/as, debemos supervisar o uso que poidan facer os nosos fillos e fillas da rede.

• Fale sobre o tema: os rapaces e as rapazas solen manter o abuso en secreto. os abusadores manipulan e confunden ás/aos menores para que crean que a culpa é deles ou que o que están facendo é algo normal ou un xogo, poden ameazar ao neno ou á nena e incluso ameazarlle con facer dano a outras persoas da súa familia. Falar cos nenos e nenas sobre o abuso, adaptando o noso diálogo á súa idade pode facer que se elimine a barreira do silencio.

• Mantéñase alerta: debemos valorar detidamente os sinais físicos como irritación, inflamación ou sarabullo nos xenitais, infeccións de vías urinarias, etc. e outros problemas como dolor abdominal ou de cabeza froito da ansiedade.
De forma máis habitual xorden problemas emocionais ou do comportamento tales como retraemento ou depresión, exceso de autoesixencia, rabia e rebeldía inexplicables, etc. Un comportamento e unha linguaxe abertamente sexual e atípico para a idade poden ser tamén signos de alarma.
• Infórmese, saiba reaccionar: responder ante a verdade expresando incredulidade ou rabia e enfado pode facer que o neno ou nena intente xustificar a acción, que cambie a versión ou que evite preguntas e diálogos que volvan sobre o tema.

• Actúe cando teña sospeitas: as sospeitas dan medo, pero poden ser a única oportunidade de un/unha menor de salvarse (ou de varios menores, os abusadores teñen varias vítimas). Si non nos atrevemos a denunciar podemos contactar cos servizos sociais, cos servizos de protección ao menor, co centro de saúde, etc.

• Involúcrese: podemos loitar contra o abuso, por exemplo, apoiando leis organizacións que loiten contra o abuso sexual aos menores.